viernes, 9 de diciembre de 2016

Actividade de positivo de UD II: Rosco de vocabulario

Ola:
Velaquí o rosco de vocabulario estudado sobre Europa nos séculos XVII e XVIII. Para poder acceder ó documento, é preciso realizar as seguintes indicacións:
-Click na ligazón (páxina web principal de creación de roscos):
http://formadorestic.com/pasapalabra/pasapalabra.swf?desde=10625&hasta=10635&entorno=1&IDpartida=10635&estado=0
-Número de ID 54046
-Curso 4ºESO
-Materia: Ciencias sociais, xeografía e historia
-Creador: Laura P.
Cómpre acceder mediante o apartado 4 indicado na web "Crear una partida seleccionando los jugadores y los roscos"

jueves, 24 de noviembre de 2016

Diario de sesións 3

Hoxe elaborei a narrativa sintética completamente aínda que rematarei na casa aspectos como a correción, a aplicación de cores...si estou satisfeita coa tarefa que desenvolvimos na clase pois aproveitamos o tempo. Rosa e máis eu tamén comezamos o eixe cronolóxico, porén, aínda queda matizar algúns apartados.
Se tivese que destacar unha actitude negativa, sería a falta de implicación dalgúns membros do grupo, coido que melloren e aporten ideas para poder rematar o Timeline de forma satisfactoria.
Como conclusión final, considero que aprendí sobre o significado e as diferenzas dos termos "duración", "simultaneidade"... así como da organización e sintetización de acontecementos históricos dunha determinada época. Resultou ser unha boa práctica para aprender novos conceptos e traballar en profundidade un determinado feito.

Narrativa sintética



Arredor de 1820, xurdiron en Europa diversos levantamentos revolucionarios en países como España e as súas colonias en América, Portugal, Rusia, Estados Pontificios de Nápoles e Sicilia, Piamonte e Grecia. Leváronse a cabo pola burguesía, no seu intento de impoñer as ideas liberais e nacionalistas.
En marzo de 1808, Motín de Aranxuez, Carlos IV abdicou no seu fillo Fernando VII alentado polo descontento do pobo con el e con Godoy.

25 de mayo

La mayoría de la gente se fue yendo a sus casas y el síndico del Cabildo salió al balcón y preguntó “¿Dónde está el pueblo?”. En esos momentos Antonio Luis Beruti irrumpió en la sala capitular seguido de algunos infernales y dijo “Señores del Cabildo: esto ya pasa de juguete; no estamos en circunstancias de que ustedes se burlen de nosotros con sandeces, Si hasta ahora hemos procedido con prudencia, ha sido para evitar desastres y efusión de sangre. El pueblo, en cuyo nombre hablamos, está armado en los cuarteles y una gran parte del vecindario espera en otras partes la voz para venir aquí. ¿Quieren ustedes verlo? Toque la campana y si es que no tiene badajo nosotros tocaremos generala y verán ustedes la cara de ese pueblo, cuya presencia echan de menos. ¡Sí o no! Pronto, señores decirlo ahora mismo, porque no estamos dispuestos a sufrir demoras y engaños; pero, si volvemos con las armas en la mano, no responderemos de nada.” Poco después se anunció finalmente que se había formado una nueva junta de gobierno .El presidente era Cornelio Saavedra; los doctores Mariano Moreno y Juan José Paso, eran sus secretarios; fueron designados seis vocales: Manuel Belgrano, Juan José Castelli, el militar Miguel de Azcuénaga, el sacerdote Manuel Alberti y los comerciantes Juan Larrea y Domingo Matheu. Comenzaba una nueva etapa de nuestra historia.

Fonte: https://laterminalrosario.wordpress.com/2008/05/26/dos-actos-un-solo-

No mesmo ano, os dous borbóns (Carlos IV e Fernando VII) desprazáronse a Baiona, Francia movidos por Napoleón e firmaron por escrito a súa abdicación enganados polo estratega francés, que coroou ó seu irmán Xosé Bonaparte quen reinou en España de 1808 a 1813.
Resultado de imagen de abdicaciones de bayona


   Autor: Louis Michaud    Fonte:http://legacy.asambleamurcia.es/dip-murcianos.html
O 2 e o 3 de Maio tiveron lugar a sublevación do pobo madrileño en contra dos mamelucos e o fusilamento dos posuídores de armas por parte das tropas francesas ó día seguinte.
Resultado de imagen de el fusilamiento del 3 de mayo goya

  Autor: Francisco de Goya
En 1812 as Cortes de Cádiz aprobaron A Constitución (coñecida popularmente coma "A Pepa" en honor  a San Xosé) na Illa de San Fernando, que recollía principios de liberdade políticacomo a soberanía nacional ou a división parcial de poderes e contemplaba a monarquía constitucional con Fernando VII ó fronte.

Artículo 1.
La Nación española es la reunión de todos los españoles de ambos hemisferios.
Artículo 2.
La Nación española es libre e independiente, y no es ni puede ser patrimonio de ninguna familia ni persona.
Artículo 3.
La soberanía reside esencialmente en la Nación, y por lo mismo pertenece a ésta exclusivamente el derecho de establecer sus leyes fundamentales.


1814 Regreso de Fernando VII tras a Guerra de Independencia, supuxo o pronunciamento do corpo militar que se sublevou para impoñer un sistema liberalista. Alzamento do xeneral Rafael del Riego.

1816-1819 Europa experimentou unha época de decadencia caracterizada por una crise  de tres anos debido  á reconversión da economía de guerra na do tempo de paz.
As consecuencias foron: oscilacións violentas dos produtos agrícolas e desemprego na industria, contribuíndo así ó descontento social.
1820-1823 Trienio liberal, instáurase a monarquía constitucional  polo pronunciamento de Rafael del Riego . Este acontecemento é denominado Insurrección
Resultado de imagen de trienio liberal

Palacio das Cortes, actualmente Senado. Xuramento da Constitución e por tanto, da monarquía de Riego.

1823-1833 Década ominosa. Coa intervención da Santa Alianza a través do envío do exército francés, coñecido como "Os Cen mil fillos de San Luis" en honor ó seu rei, Luís XVIII, irmán do executado Luis XVI, Fernando VII aboliu a Constitución e reinstaurou a monarquía absolutista.

Bien públicos y notorios fueron a todos mis vasallos los escandalosos sucesos que precedieron, acompañaron y siguieron al establecimiento de la democrática Constitución de Cádiz en el mes de marzo de 1820: la más criminal situación, la más vergonzosa cobardía, el desacato más horrendo a mi Real Persona, y la violencia más inevitable, fueron los elementos empleados para variar esen­cialmente el gobierno paternal de mis reinos en un código democrático, origen fecundo de desastres y de desgracias. Mis vasallos acostumbrados a vivir bajo leyes sabias, moderadas y adaptadas a sus usos y costumbres, y que por tantos siglos habían hecho felices a sus antepasados, dieron bien pronto pruebas públicas y universales del desprecio, desafecto y desaprobación del nuevo régimen constitucional. Todas las clases del Estado se resistieron a la par de unas instituciones, que preveían y señalaban su miseria y desventura. [ ... ]
La Europa entera, conociendo profundamente mi cautiverio y el de toda mi familia, la mísera situación de mis vasallos fieles y leales agentes españoles, por todas partes determinaron poner fin a un estado de cosas que era el escándalo universal, que caminaba a trastornar todos los tronos y todas las instituciones antiguas, cambiándolas en la irreligión y en la inmoralidad.[ ... ] he venido a decretar lo siguiente:

1º Son nulos y de ningún valor los actos del llamado gobierno constitucional (de cualquier clase y condición que sean) que ha dominado a mis pueblos desde el día 7 de marzo de 1820 hasta hoy 1º de octubre de 1823 [ ... ]
2º Apruebo todo cuanto se ha decretado y ordenado por la junta provisional de gobierno, y por la regencia del reino creadas, aquéllas en Oyarzun el día 9 de abril, y ésta en Madrid el 26 de mayo del presente año.
                                                                                 Puerto de Santa María, 19 de octubre de 1823.


1822-1830 Independencia de Grecia. Rebelión contra o Imperio Otomano propulsada polos levantamentos liberais dos países colindantes. Interviñeron Francia, Gran Bretaña e Rusia apoiándo ós gregos. O Tratado de Adrianópolis (1829) puxo fin ó conflito.

Naval Battle of Navarino by Garneray.jpg

Batalla de Navarino por Ambroise-Louis Garneray

1810-1825 Independencia das colonias Americanas. Os crioulos non podían participar na política da metrópole e  tampouco comerciar con outros paísesA extensión do liberalismo e a independencia de EE.UU contribuíron á que as Xuntas se sublevasen (1810-1814) e favoreceron Campañas Militares (1814-1825).

*1814-1833 Reinado de Fernando VII.

jueves, 17 de noviembre de 2016

Sesión 2

Na segunda sesión de traballo sobre a tarefa integrada, tivemos acceso ó uso de chromebooks, dous por equipo. Como falamos o primeiro día, concretamos a planificación no reparto de funcións.
 Eu, xunto con Rosa, encargámonos de elaborar a táboa do plan de traballo e estivemos buscando información relevante sobre a Revolución Liberal de 1820. Tamén afondamos un pouco máis na aplicación de "Timeline" para facilitar así o noso desenvolvemento con esta ferramenta á hora de matizar o eixe cronolóxico.Os últimos dez minutos, axudei a Alejandra a resumir o contido do libro e publiquei no meu blog persoal o que realizamos.

Páxinas e recursos da web fiables

http://hispanidad.info/triconst.htm
http://es.slideshare.net/9marlon9/revoluciones-de-1820
http://www.reypastor.org/departamentos/dhis/alsese/geh/hcpdf/tema06.pdf
http://www.monografias.com/trabajos10/era/era.shtml
http://clio.rediris.es/n36/oposicones/tema55.pdf

Plan de equipo

Esta é a previa planificación que acordamos no grupo:



Data
Tarefas
Repartición
Produtos finais
Sesión 1 (11/11)
Distribución dos cargos de equipo, elaboración dun plan de traballo e das normas do grupo e publicación no blog.
Consenso no grupo e redación individual.
3 entradas no blog persoal coas etiquetas Diario de Sesións e Tarefa Integrada Unidade 2
Sesión 2 (17/11)
Procura de información sobre os eventos principais e sintetización dos mesmos. Comezamos o timeline.
Traballo en parellas

David e Alejandra: consulta páxinas web de información rigorosa e resume do contido do libro.

Laura e Rosa: sintetización e procura de imaxes e recursos históricos
Unha publicación persoal cos principais feitos históricos resumidos e coa fonte da que se extraeron.
Sesión 3 (25/11)
Finalización e matización do Eixe Cronolóxico (timeline) e publicación no blog.
Traballo en grupo: contraste dos datos recollidos e maquetación do eixe.
Timeline e mellora da entrada da segunda sesión.

jueves, 10 de noviembre de 2016

DIARIO DE SESIÓNS 1

Hoxe non estiven na clase debido a unha revisión médica, porén, si acordei cos meus compañeiros a distribución de cargos e as función asociadas ós mesmos. Tamén, plantexamos algunha norma de funcionamento e decidimos publicala durante o fin de semana para así deixar organizado o Plan de Traballo.
Non deu tempo a matizar a repartición de tarefas para elaborar a entrada, tocounos A Revolución Liberal Española de 1820, acordaremos isto durante os próximos días e pensamos publicar no blog as pautas a seguir na próxima sesión.

NORMAS DE EQUIPO

1. Respectar a todos os membros/as do grupo e ter en conta a súa opinión.
2. Participar activamente nas decisión do equipo.
3. Manter un volume de voz adecuado e fomentar un clima de traballo óptimo.
4. Favorecer o aproveitamento das sesión e ser efectivos coa repartición das tarefas.
5. Integrar a todos os componentes do grupo e axudalos en caso de que o precisen.
6. Evitar os conflitos grupais e  solucionar posibles dúbidas mediante ferramentas como a asertividade, a escoita activa...
7. Cumprir co establecido e repartir equitativamente o traballo pendente.

CADERNO DE EQUIPO

Cargo
Funcións e tarefas
Data de incorporación
Nome e número
Coordinador/a
-Controla  a repartición de tarefas  e a súa execución
-Representa ó grupo

10/11/2016

Laura P.R Nº22
Mediador/a
-Coida o ton e a quenda de palabra no equipo, asegura un bo clima de traballo.
-Responsabilízase de tomar notas  se fose necesario.

10/11/2016

Alejandra V.G-L Nº31

Axudante
-Colabora cos outros compañeir@s.
-Establece os tempos de fala xunto co mediador/a e se un compañeir@ falta, cubre o seu posto.

10/11/2016

Rosa M.H Nº19
Motivador/a
-Favorece o desenvolvemento do proxecto, recolle por escrito (ou no blog) todas as ideas do grupo.

10/11/2016

David T.N Nº29

jueves, 3 de noviembre de 2016

Tarefa integrada UD 1 (edición definitiva)

DECRETOS DE NOVA PLANTA





Resultado de imagen de decretos de nueva planta



Os Decretos de Nova Planta consisten nunha medida política aplicada á Coroa de Aragón que eliminaba os seus privilexios e como consecuencia, axudaba a centralizar a administración do país. Este acontecemento histórico tivo como motivación a falta de apoio na Guerra de Sucesión a Filipe V por parte de Cataluña, Aragón, Valencia e Baleares; propiciou a abolición das leis propias como reino e o sometemento ás Cortes de Castela. A publicación do mesmo tivo lugar de 1707-1716, concretamente, estas foron as datas por rexión:
-O 29 de Xuño de 1707 tiveron lugar os Decretos de Aragón e Valencia, derivando na suspensión de todo o sistema lexislativo e institucional de ambos reinos.
-O 3 de Abril de 1711 dictouse o segundo que asignaba a Aragón unha nova planta da Audiencia de Zaragoza e polo tanto, establécese a administración en lingua castelá.
-En Mallorca tivo lugar o 28 de novembro de 1715, caracterizouse por un ton conciliador e complacente.
-Por último, o cuarto Decreto tivo como escenario Cataluña e aprobouse o 16 de xaneiro de 1716, aboliu as Cortes e o Consello do Cento, substituíu ó vicerrei por un capitán xeral e favoreceu o castelán en lugar do latín.

Non obstante, este último territorio seguiu mantendo a exención de quintas. Por outra banda, disolvéronse os órganos de goberno, algunhas poboacións contaban coa representación nas Cortes de Castela a excepción de Navarra que,por favor do rei, mantivo a súa autonomía neste ámbito ata 1814.


Exemplo de texto e comentario do mesmo:
“Considerando haber perdido los reinos de Aragón y Valencia y todos sus habitantes por la rebelión que cometieron, faltando enteramente así al juramento de fidelidad que me hicieron como a su legítimo Rey y Señor, todos los fueros, privilegios, exenciones y libertades que gozaban y que con tan liberal mano se les habían concedido, sí por mi como por los señores reyes mis predecesores, en esta monarquía se añade ahora la del derecho de conquista (…) y considerando también que uno de los principales tributos de la soberanía es la imposición y derogación de las leyes (…) He juzgado por conveniente, sí por esto como por mi deseo de reducir todos mis reinos a la uniformidad de unas mismas leyes, usos, costumbres y tribunales, gobernándose igualmente por las leyes de Castilla, tan loables y plausibles en todo el universo, abolir y derogar enteramente (…) todos los referidos fueros y privilegios, prácticas y costumbres hasta aquí observadas en los referidos reinos de Aragón y Valencia, siendo mi voluntad que éstos se reduzcan a las leyes de Castilla (…) 
Buen Retiro, a 29 de junio de 1707” 
As ideas principais son:
-Reinos de Aragón e Valencia perden os seus foros, exencións e liberdades dos que gozaban.
-Estes privilexios foran concedidos polos predecesores de Filipe V.
-O rei ten o poder de aprobar e derrogar leis.
-Pola rebelión da Coroa de Aragón, o monarca ten o dereito de conquista.
-Estes reinos pasan a estar baixo a influencia da Coroa de Castela.

Natureza do texto: Xurídica-política
Tipo de fonte: Primaria, está redactada por Filipe V
Cronoloxía e localización espacial: Decreto de Aragón de Valencia (29 de Xuño de 1707) e está situado nos Jardines del Buen Retiro (Madrid, España)
Contexto histórico: Na Guerra de Sucesión Española (1701-1714) interviñeron dous bandos, por un lado o arquiduque Carlos de Habsburgo (descendente dos Austrias) e Filipe de Anjou, Francia e España apoiaron a este último que finalmente ascendeu ó trono. Porén, aínda que a Coroa de Aragón mantivo como candidato ó descendente dos Borbóns, en 1705 decidiu respaldar a Carlos de Austria. 
Unha vez coroado, Filipe V considerou este feito como unha traición e redactou os Decretos de Nova Planta co fin de abolir os privilexios e exencións que os monarcas anteriores lles outorgaran ós dominios aragoneses. Así pois, o texto recolle un fragmento dun dos documentos impostos por este rei.
Autoría: O texto foi promulgado por Filipe V, neto do rei Luís XIV de Francia, na súa calidade de rei de España. 
Destinatario: Reinos de Aragón e Valencia.
Tema (relación coa definición): Disolución das Cortes en Aragón e Valencia con motivo da unificación administrativa e a uniformidade de leis e costumes baixo a autoridade de Castela promulgada por Filipe V, rei de España.


Consultei diversas fontes que considero fiables xa que a información está redactada por docentes especializados no tema, reporteiros e historiadores. Para buscar a definión e algúns exemplos empreguei: http://afaicgeografia.blogspot.com.es/2011/11/decretos-de-nueva-planta.html  , en canto á cronoloxía dos feitos, basei os datos aportados en dúas ligazóns (a segunda de contraste):                     https://es.wikipedia.org/wiki/Decretos_de_Nueva_Planta  e http://thesocialsciencepost.com/es/2016/05/3909/ . No apartado dous, completei as miñas argumentacións na seguinte páxina web:

Por último, o texto sobre o que elaborei o comentario e a análise, ven recollido no seguinte enlace: https://luisprofehistoria.files.wordpress.com/2010/11/comentario-de-texto-decretos-de-nueva-planta1.pdf



lunes, 31 de octubre de 2016

Actividade de positivo: O motín de Esquilache

1) Narración dos feitos:

                                        O FRACASO ILUSTRADO
Un dos ministros do rei Carlos III gaña a aversión do pobo polo seu intento de europeizar costumes de vestimenta e erradicar as "cencerradas" os viúvos.
A expulsión do marqués siciliano, ministro de Facenda e Guerra reafirma a desventura das reformas iustradas en España.
Esquilache tratara de impor algunhas tradicións e iniciativas modernizadoras. Entre estas, atópanse un intento de eliminar o costume de ridiculizar públicamente a viúvos en proceso de tomar unhas segundas nupcias, este feito frecuente constituía  un descenso da natalidade repercutindo así no crecemento demográfico, cada vez máis retronegativo, da poboación. O pobo español acatou esta medida de bo pasar, non obstante, en determinados puntos xeográficos da Península queda constancia da continuidade destas prácticas.
Un mes atrás propúxose modificar os cánones de vestimenta para seguir así o modelo francés, de calzón corto e perruca empolvada. Esta idea opoñíase ós tradicionais sombreiros de ás anchas e ás capas longas. Esquilache respaldou os seus principios en evitar a delincuencia nas rúas de Madrid argumentando que algúns cidadáns agochaban armas prohibidas baixo o seu atuendo,non obstante,este dato concedido ós medios de comunicación non convenceu á cidadanía e dous días despois do anuncio oficial, saíu a pé de rúa para manifestarse.
Despois de varias semanas de disturbios e altercados, algúns afíns a Esquilache comezaron a cortar as prendas e complementos dos viandantes. O pobo español decidiu exiliar a este ministro. A súa maxestade Carlos III, fixo a súa aparición no propio balcón da Real Residencia para comprometerse cos seus súbditos e lograr así a suspensión das reformas ilustradas.

2) Referencias aos protagonistas e ao context o histórico:
Carlos III: Monarca español coñecido cos pseudónimos de "o Político" ou "o Mellor Alcalde de Madrid" gobernou desde 1759-1788. É un exemplo de depotismo ilustrado, rodeouse de ministros; Esquilache, Aranda, Campomanes, Floridablanca, Wall e Grimaldi.
Marqués de Esquilache: Diplomático e político siciliano a cargo do rei Carlos III en Nápoles e España. En 1759 converteuse en ministro de Facenda e en 1763, de Guerra. Gañou a hostilidade do pobo polas súas medidas modernizadoras e pola súa orixe de nacemento, xa que a sociedade española non acollía ós estranxeiros.
O motín de Esquilache tivo lugar do 23 ó 26 de marzo de 1766. Foi a consecuencia da subida dos prezos de produtos básicos como o pan e o intento de impoñer regras de atavío. O Domingo de Ramos (4 de marzo) dous cidadáns vestidos indebidamente cruzaron a Praza de Antón Martín, varios soldados pedíronlles explicacións cando un dos rebeldes alentou a un numeroso grupo de 2,000 persoas aproximadamente a manifestarse na Praza Maior, houbo insultos e violencia que causou diversos desperfectos na capital. Atribuíronse estas revoltas ós xesuítas.

3) Ilustracións:


Resultado de imagen para motín de esquilache       Resultado de imagen para motín de esquilache

4) Referencias a outras medidas reformistas e a outros ministros de Carlos III:
No texto menciónase a medida das cencerradas nupciais, bromas de mal gusto contra viúvos que desexaban casar de novo e que en moitos casos, era a ridiculización do home e incluso a cancelación do compromiso.
Ministros de Carlos III:
Aranda
Campomanes
Wall
Floridablanca
Grimaldi

5) Webgrafía
Empreguei a  seguinte páxina web:files.biblioalhendin.webnode.es/.../Eslava%20Galan,%20Juan%20- %20Historia%20de para consultar o capítulo 68 páxina 132 de "La Historia de España" por Eslava Galán e estraín do pdf case toda a información das preguntas 1,2 e 4. Ademais, consultei datos nos seguintes enlaces: https://es.wikipedia.org/wiki/Carlos_III_de_España e https://es.wikipedia.org/wiki/Marqués_de_Esquilache para completar a información sobre ambos personaxes. Para contrastar estes datos e engadir matices á pregunta 2 accedín a dúas webs :


jueves, 27 de octubre de 2016

Tarefa integrada UD 1 (BORRADOR)

DECRETOS DE NOVA PLANTA



Resultado de imagen de decretos de nueva planta



1) Definición completa e exemplos:
Os Decretos de Nova Planta consisten nunha medida política aplicada á Coroa de Aragón que eliminaba os seus privilexios e como consecuencia, axudaba a centralizar a administración do país. Este suceso tivo como motivación a falta de apoio na Guerra de Sucesión a Filipe V por parte de Cataluña, Aragón, Valencia e Baleares; este feito propiciou a abolición das leis propias como reino e o sometemento ás Cortes de Castela. A publicación do mesmo tivo lugar de 1707-1716, concretamente estas foron as datas por rexión:
-O 29 de Xuño de 1707 tiveron lugar os Decretos de Aragón e Valencia, tendo lugar a suspensión de todo o sistema lexislativo e institucional de ambos reinados.
-O 3 de Abril de 1711 dictouse o segundo que asignaba a Aragón unha nova planta da Audiencia de Zaragoza e polo tanto, establécese a administración en lingua castelá.
-En Mallorca tivo lugar o 28 de novembro de 1715, caracterizouse por un ton conciliador e complacente.
-Por último, o cuarto Decreto tivo como escenario Cataluña e aprobouse o 16 de enero de 1716, aboliu as Cortes e o Consello do Cento, sustitui o vicerei por un capitán xeral e propiciou o castelán en lugar do latín.

Non obstante, este último territorio seguiu mantendo a exención de quintas. Por outra banda, disolvéronse os órganos de gobernos, algunhas poboacións contaban coa representación nas Cortes de Castela a excepción de Navarra que por favor do rei, mantivo a súa autonomía neste ámbito ata 1814.

Webgrafía:

2) Texto e comentario do mesmo:
“Considerando haber perdido los reinos de Aragón y Valencia y todos sus habitantes por la rebelión que cometieron, faltando enteramente así al juramento de fidelidad que me hicieron como a su legítimo Rey y Señor, todos los fueros, privilegios, exenciones y libertades que gozaban y que con tan liberal mano se les habían concedido, sí por mi como por los señores reyes mis predecesores, en esta monarquía se añade ahora la del derecho de conquista (…) y considerando también que uno de los principales tributos de la soberanía es la imposición y derogación de las leyes (…) He juzgado por conveniente, sí por esto como por mi deseo de reducir todos mis reinos a la uniformidad de unas mismas leyes, usos, costumbres y tribunales, gobernándose igualmente por las leyes de Castilla, tan loables y plausibles en todo el universo, abolir y derogar enteramente (…) todos los referidos fueros y privilegios, prácticas y costumbres hasta aquí observadas en los referidos reinos de Aragón y Valencia, siendo mi voluntad que éstos se reduzcan a las leyes de Castilla (…) 
Buen Retiro, a 29 de junio de 1707” 
Ideas principais:
-Reinos de Aragón e Valencia perden os seus fueros, exencións e liberdades dos que gozaban.
-Estes privilexios foran concedidos polos predecesores de Filipe V.
-O rei ten o poder de aprobar e derrogar leis.
-Pola rebelión da Coroa de Aragón, o monarca ten o dereito de conquista.
-Estes reinos pasan a estar baixo a influencia da Coroa de Castela.

Natureza do texto: Xurídica-política
Tipo de fonte: Primaria, está redactada por Filipe V
Cronoloxía e localización espacial: Decreto de Aragón de Valencia (29 de Xuño de 1707) e está situado nos Jardines del Buen Retiro (Madrid, España)
Contexto histórico: Na Guerra de Sucesión Española (1701-1714) interviñeron dous bandos, por un lado o arquiduque Carlos de Habsburgo (descendente dos Austrias) e Filipe de Anjou, Francia e España apoiaron a este último que finalmente ascendeu ó trono. Porén, aínda que a Coroa de Aragón mantivo como candidato ó descendente dos Borbóns, en 1705 decidiu respaldar a Carlos de Austria. 
Unha vez coroado, Filipe V considerou este feito como unha traición e redactou os Decretos de Nova Planta co fin de abolir os privilexios e exencións que os monarcas anteriores lles otorgaran ós dominios aragoneses. Así pois, o texto recolle un fragmento dun dos documentos impostos por este rei,
Autoría: O texto foi promulgado por Filipe V, neto do rei Luís XIV de Francia, na súa calidade de rei de España. 
Destinatario: Reinos de Aragón e Valencia.
Tema (relación coa definición): Disolución das Cortes en Aragón e Valencia con motivo da unificación administrativa e a uniformidade de leis e costumbres baixo a autoridade de Castela promulgada por Filipe V, rei de España.



domingo, 23 de octubre de 2016

Actividade de positivo UD 1: The Mission

"The Mission" é un filme inglés dirixido por Rolland Joffée datada do ano 1986. Esta é unha reseña sobre a película:
1) Contexto histórico (onde e cando suceden os feitos?)
A acción transcorre nunha xungla tropical próxima ás cataratas de Iguazú, Paraguay. Sitúase en dous escenarios diferentes; nos poboacións guaraníes por enriba do río Paraná (San Miguel e San Carlos) e na capital, Asunción.
Realmente, a rodaxe tivo lugar en Cartaxena de Indias onde se intentou crear a ambientación da Hispanoamérica do século XVIII.  Históricamente, os acontecementos teñen lugar en 1756 na fronteira entre Brasil e Paraguay.



2) Narración dunha escena que faga referencia ó tráfico/trata de escravos:
Do minuto 1:24 ata o 1:30 pódese apreciar un claro exemplo de tráfico de indíxenas. Primeiro aparecen os guaraníes na selva sendo atrapados por enormes redes atadas ás árbores, os que logran escapar chegan ata o Pai Gabriel e advírtenlle da ameaza antes de que Rodrigo Mendoza sexa descuberto observándoos. Entre os dous protagonistas estabécese un crúo diálogo no que o xesuíta recrimínalle que "cazan máis alá das cataratas". Posteriormente, cambia a paraxe e vese como chegan os escravos ó campamento español atados de mans e pernas, algúns montados a cabalo e outros arrastrados a pé, unha muller protexe rápidamente a dúas nenas que berran de terror e o capitán saúda antes de entregalos.


3) Narración dunha escena que represente a expulsión dos Xesuítas:
Desde 1:25:02 ata 1:26:46 (película completa) represéntase a invasión dun dos centros xesuítas, estes visten con hábitos brancos. Os colonizadores irrumpen nunha edificación relixiosa e empuxan con violencia ós nativos, acorralan a un home con túnica marrón (un sacrdote) e sacrifican ós crentes. Tamén é subliñable a imaxe dos bebés no chan reclutados mentres un rapaz é encarado cun arma.



4) Narración dunha escena que reflicta o impacto colonial sobre a poboación indíxena:
Do minuto 53:00 ó 57:54 pode verse reflexada a imposición colonial. Un neno guaraní canta ante os seus protectores da fundación de San Carlos, os colonizadores e o enviado do Papa. Entón, Don Cabeza búrlase do rapaz asegurando que é unha criatura animal sen alma nin humanidade algunha, violentamente manipúlao e asegura que non merece ningunha proba de cristiandade nin a catolización xa que non son iguais que eles. Á protesta do Pai Gabriel ante o Cardenal asegura que non existe escravitude algunha no territorio español a diferenza dos métodos portugueses e que non vai tolerar un comportamento de desafío dun xesuíta.
Resultado de imagen para the mission

5) O mellor da película foi...
Para min, " A Misión" narra sen dúbida unha historia real e dura, mostra ata que punto chegou o mundo occidental para conquistar e minusvalorar ós "indios". Non obstante, tamén dá a coñecer outra perspectiva máis alentadora como é a evanxelización da poboación nativa. 
A miña escena favorita coincide coa redención de Rodrigo Mendoza (Robert de Niro), despois de meses facendo penitencia pola morte do seu irmán é liberado polos guaraníes da súa carga física (arrastraba unha enorme roca nas súas labores cotiás) e emocional (a culpa). Paréceme moi emotivo xa que el fora un dos soldados de alto rango e capturara a moitos dos indíxenas pero estes permítenlle vivir e acéptano na súa casa. Máis tarde altérnanse algúns retazos da adaptación de Mendoza ós costumes relixiosos, como le e cura un pé a unha muller ferida, axuda nas plantacións ou cociña para dous irmáns da orde.
Creo que este exemplo afirma unha vez máis o seguinte "é máis xeitoso dar que recibir".


6)Enlaces e comentario das fontes consultadas:
http://revista.drclas.harvard.edu/book/guaraníes-y-jesuitas-en-la-imaginación-histórica-moderna
http://www.clasicofilm.com/2015/10/la-mision-1986-hd_19.html
http://portal.educ.ar/debates/eid/lengua/publicaciones/del-dolor-tambien-se-aprende-la-mision.php
http://www.educacion.gob.es/exterior/centros/stgermain/es/biblioteca/mision.pdf

Consultei en Internet algúns datos da película e concretamente, tiven en conta catro páxinas web como base para o comentario. Considero que son fiables xa que a información aparece contrastada e coincide, os datos están extraídos de documentos redactados por docentes, periodistas... e a disparidade na orixe das mesmas (por exemplo unha das webs é un blog adicado só a reseñas de películas e outro é un pdf dun centro educativo).

Resultado de imagen para the mission

Onde ver a película (versión orixinal)http://fmovies.to/film/the-mission.7jwyj


martes, 7 de junio de 2016

Deseño do xogo: Instrucións e materiais necesarios

Co obxectivo de elaborar un produto final de temática xeográfica sobre Asia (medios físico, económico, humano e político) vamos pautar cales serán as bases do mesmo e de que vai dispoñer. O noso grupo decidiu levar a cabo un xogo de mesa, consideramos que é unha opción máis dinámica ca o formato dixital e oferta un abano de posibilidades máis amplio. Así é todo, esto é o que precisaremos:

Materiais:
  1. Taboleiro co mapa de Asia, deben aparecer as capitais. Toda a superficie de xogo será unha gran cuadrícula e cada cadrado terá diferentes cores e símbolos que organizarán o avance dos participantes.
  2. Tarxetas coas preguntas en 4 cores:
-Amarelo para o medio físico
-Azul para o medio político
-Rosa para o medio económico
-Verde para o medio humano

     3.Peóns/Fichas
     4. Dado para asignar as quendas.
     5. Tarxetas co nome do país e a capital (estilo Monopoly)
     6. Tarxetas sorpresa/especiais
     7. Cronómetro ou reloxo de area

Instrucións:
1. É necesaria a participación de mínimo 4 xogadores, en caso de ser moitos, faranse grupos igualitarios.
2. Cada participante/equipo terá un dado e un peón ademais das tarxetas que gañe.
3. Para desprazarse polas casillas só hai que avanzar o número de cadrantes que apareza no dado.
4. Un alumn@ encárgase das cuestións.
5. A cuadrícula consta de cadrados das catro cores (correspóndese a unha pregunta), casillas para volver lanzar un dado ou dous dependendo do debuxo e tarxetas sorpresa.

Obxectivo:
Ser conquistadores por un día e conseguir colonizar o máximo número de países posibles (as capitais), quen obteña máis territorios gaña.

Regramento:
1. Cada xogador empeza nunha esquina do taboleiro.
2. Para poder conquistar unha rexión débense ter os puntos que se especifican na casilla da capital, para gañalos débense obter os puntos necesarios (cada tipo de tarxeta segundo o medio terá unha puntuación por resposta correcta:
-5 puntos o medio físico
-8 puntos o medio político
-10 puntos o medio económico
-4 puntos o medio humano.
Se o alumn@ decide colonizar un país, garda a tarxeta e cada vez que outro xogador caia na casilla da cidade conquistada, deberá darlle os puntos que se especifican na marxe superior da tarxeta ó propietari@
3. Para responder ás cuestións terán 1 minuto de reloxo, en caso de que exceda o tempo, conta como mal.
4. Se a resposta é correcta, ó que lle toque segue xogando e se é incorrecta, perde a quenda.
5. É posible a transferencia dun territorio se así o esixe a tarxeta sorpresa.
6. A partida acaba cando sexa conveniente, proclámase gañador/a aquel que logre extender as súas propiedades, para comprobalo sumaranse o valor de cada solar (puntos).


     

martes, 31 de mayo de 2016

As nosas correccións das preguntas dos compañeiros de B

Boas compañeir@s de B:
Estas son as correccións das vosas preguntas, en cor verde aparecerán as modificacións que consideremos oportunas e entre parénteses as suxerencias que propoñemos.
Un saúdo



1- Que tipo de sector económico predomina na poboación de Georgia?
-Sector primario.


2. Sabendo que o IDH indica o desenvolvemento humano tendo en conta o PIB per cápita, os anos de escolaridade media e a esperanza de vida  cal destes países atópase máis arriba no ranking mundial: Georgia, Armenia, Arabia Saudita ou Israel?
-Arabia Saudita (atópase no posto 39º)

3. Cuantos países comparten la península arábica con Arabia Saudí? 




4. A balanza comercial é un indicador económico que mide as diferenzas entre as importaciós e as exportacións realizadas por un país durante un ano. Sinala cal destes países ten a balanza negativa: Georgia, Armenia, Arabia Saudita, Azervayán  ou  Israel.
-Armenia.


5. Cal é a capital de Georgia?
-Tbilisi.






6. Que cores componen la bandera de Israel?
-Azul e branco


7.Sabiendo la cantidad de precipitaciones de Arabia Saudita,a que clima pertenece?
- Desértico





8. Se a balanza comercial (podedes incluir a definición de balanza comercial) de Georgia exporta máis que importa, é positiva ou negativa?
-Positiva




9. Como se divide Georgia territorialmente?
-En 9 rexiones, unha capital e dous comunidades autónomas


10. Cal de estes países ten maior superficie total? (cales son as opcións ?)
-Arabia saudí.
2.150.000 km²

11. Qué utensilio de cociña ten Arabia Saudita na súa bandeira?
-Coitelo



12.Se o PIB per cápita é o diñeiro que tendría cada cidadán se se xuntasen todas as riquezas Arabía saudita e un país rico ou pobre?
-Rico ( A definición queda incompleta, que tal así: Se o PIB per cápita pode definirse como un indicador económico que mide os ingresos xerados por todas as actividades económicas do país durante un período de tempo, xeralmente un ano, Arabia Saudita ten un PIB elevado ou baixo?)



13.Segundo o gráfico, que sector predomina en Arabia Saudita?
Terciario

14. A que país se dirixen as exportacións ou ventas de productos dos países Georgia e Armenia?
-Rusia.
ARMENIA:


GEORGIA:

15. Sabendo que en  Armenia hai 102 hab/km^2, cres que a súa densidade de poboación é alta ou baixa?
Bastante alta debido a que é un país pequeno.



16. Que sistema politico existe en Georgia e Armenia? Democrático, non-democrático e tipo?
Os dous son sistemas democraticos republicanos.

17. Cal é a capital de Israel ?
Xerusalén 


18. Cal é o tipo de vexetación que  predomina en Israel?
- Vexetación mediterránea (algún exemplo? fresnos, chopos, oliveiras...)


19. Quen e cando se creou o Estado de Israel?
- No ano 1948, a O.N.U. 

20. Como se llama el pico mas alto de Israel ?
- Monte Hermón
,

Parabéns polas preguntas! son moi orixinais e variadas. En resumo, propoñemos mellorar:
1. Empregar recursos e documentos xeográficos para as respostas/preguntas extraídos dunha fonte rigorosa (a ser posible da OEC, OCDE, BANCO MUNDIAL, DATOS DA ONUU, GOBERNOS DE PAÍSES, DATOS MACRO...) e se está presente a bibliografía na imaxe mellor
2.. Revisar a lingua na que están escritas, en galego ou en castelán
3. Ampliar algunhas definicións