martes, 24 de noviembre de 2015

Sesión 6

Xeografia:
Esta semana xa decidimos algunhas das pautas máis determinantes á hora de elaborar as reportaxes, tanto escrita como audiovisual. Despois de ver un exemplo na clase, puxémonos de acordo en presentar o vídeo en forma de informativos grabando unhas tomas e o documento escrito redactarémolo estes días.
Non puidemos recuperar o audio polo que empregaremos outro tipo de recursos engadindo o diálogo á presentación en forma de "subtítulos"

Galego:
De novo, tivemos un só ordenador para tod@s e por este motivo decidimos dedicar a sesión á organización e repartición dos distintos apartados. O resultado foi satisfactorio aínda que non deu tempo a iniciar o Word.

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Sesión 5

Bos días:
Onte asistimos á visita concertada cun representante de Ingebaires SL e resultou unha experiencia moi satisfactoria, tivemos a oportunidade de preguntar as nosas cuestións e mesmo de compartir algunha opinión sobre temas como a contaminación en Vigo e as posibles solucións. Ademais, fixemos un seguimento do encontro gravandoo. Hoxe sucedeu un contratempo xa que o móbil no que quedou rexistrado perdeu o arquivo así que estes días intentaremos arranxalo o máis axiña posible.

lunes, 16 de noviembre de 2015

Preguntas da entrevista



1. En que eido (local, rexional, nacional ou internacional) se desenvolve?
2. Actualmente, con cantos empregados conta Ingebaires SL?
3. De onde proceden os traballadores/as? Son europeos ou estranxeiros?
4. Informámonos de que se trata dunha sociedade limitada, ten un ou varios propietari@s?
5. É unha empresa pública ou privada? De que xeito inflúe este aspecto no seu rendemento?
6. A que subsector industrial pertece? Podería dar un par de exemplos?
7. Despois de visitar a vosa páxina web, descubrimos que contades cunha representación en Arxentina...como colaboran con esta?
8. Onde desenvolven os seus proxectos? Un exemplo e se pode ser, a data de realización deste.
9. Empregan vostedes fontes de enerxía renovables ou non? Se a resposta é afirmativa, cales e como se introducen no proceso industrial que levan a cabo?
10. De onde procede a materia prima que utilizan? Cooperan con algunha distribuidora?
11.En canto ós/ás especialistas que forman parte da sociedade, é necesario ter cualificación específica? 
12. Cotribúen á estabilidade destes? Hoxe en día, proporcionan contratos fixos ou temporais principalmente?
13. Teñen algunha medida preventiva de seguridade? Cal?
14. Está suxeita a un enlace sindical? Pode citar o nome?
15. Existe algún motivo polo que se sitúe no centro da cidade (Rúa Sergio Saborido)?
16. Recibiron durante estes anos algún tipo de subvención do goberno? Está suxeita a leis ambientais? Cales?
17. Practican deslocalización nalgún dos seus procesos económicos? Se é así, como afecta este factor no rendemento da empresa?
18. Que tipo de recurso natural empregan para levar a cabo as súas obras?
19. Contan con maquinaria especializada?
20. Diríxense a un mercado concreto (local, rexional, nacional ou internacional) e cal é o tipo de empresa que contrata os seus servizos?
21. Publicitan o negocio?
22. Pertencen a algún sector empresarial?
23. Inclúen as novas tecnoloxías nos procedementos industriais?
24. Contan con instalacións específicas?
25. Cales son as características máis subliñables propias dunha economía sustentable que practican?

Investigando a empresa

Ola:
Xa enviamos a solicitude de entrevista, decantámonos por Ingebaires SL e agardamos a súa resposta...imos a informarnos un pouco máis:

1) Nome e tipo de empresa(ámbito nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballadores, propiedade, procedencia do capital e outros criterios)

Ingebaires SL. É de ámbito nacional principalmente aínda que ten unha representación activa en Arxentina, únicamente conta con nove-dez empregados e polo tanto podemos clasificalo no grupo de empresas pequenas. É unha sociedade limitada pois ten varios propietari@s e en segundo o capital, considérase pública pois recibe aportacións financieiras dende o estado, como é o caso das subvencións e traballa para as Administracións públicas.

2) Sector económico e subsector ao que pertence.
Pertence ao sector secundario e especialízase na consultaría e servizos de enxeñaría civil, integrada en proxectos de medio ambiente e mobilidade.

3)Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España.
A partir da Revolución Industrial, século XVIII, o sector secundario cobrou moita importancia e hoxe xoga un papel moi importante na economía da nosa sociedade xa que o equilibrio entre sectores e a produción dependen moito da construción e da enxeñaría por exemplo . España é un país desenvolvido e industrializado aínda que na actualidade, produciuse unha terciarzación da economía e o sector servizos convertiuse en predominante.
En xeral, a enxeñaría civil foi relegada a un segundo posto se a comparamos con outros apartados como a metalúrxica ou a textil.


OS APARTADOS SEGUINTES FORON ASINADOS A OUTROS MEMBR@S DO GRUPO, ENGADIREINOS CANDO OS PUBLIQUEN.

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Sesión 4

Xeografía:
Este mércores Eva corrixiu a nosa solicitude e puidemos enviala á empresa, ademais seguimos adiante cos procesos de investigación completando as cuestións planteadas no blog de aula. Aínda que resultou bastante complicado atopar algúns datos (como a procedencia do capital) respondemos algunhas preguntas con axilidade. En canto a repartición, dividimos a tarefa para que cada membr@ escribira tres apartados, a min tocáronme os primeiros. 
Conseguín rematar as dúas preguntas e na seguinte hora, centrareime na derradeira. Non sxurdiu ningún problema e penso que aproveitamos ben a sesión.

Lingua galega:
Non estivemos na aula de informática xa que recibimos un correo a modo de resposta da empresa e puxémonos en contacto con eles (vía telefónica). Entrevista conseseguida!! O martes 17 quedaremos para formularlle as preguntas ó representante de Ingebaires SL.

martes, 10 de noviembre de 2015

Solicitude

                                         
Estimado persoal da empresa Ingebaires SL:

Somos un grupo de catro alumnos e alumnas que estudamos do centro educativo Salesianos María Auxiliadora  (Vigo).  Actualmente ,  cursamos terceiro da ESO e estamos realizando un proxecto para as materias de Lingua Galega e Xeografía.
En canto á investigación, o obxectivo proposto foi levar a cabo unha reportaxe ou similar sobre algunha empresa viguesa que traballase con recursos sustentables para procurar unha economía consciente e afondar, así, no sector secundario e nas súas características. Ao longo deste mes estivemos elaborando un blog persoal no que publicamos diferentes  entradas dedicadas a este tema.
Por outra parte, escollemos esta asociación xa que visitamos a vosa páxina web e informámonos de que empregan técnicas respectuosas co medio e xeran unha economía local ou rexional. Ademais, descubrimos que se centran na industria enxeñeira e supuxo motivo de curiosidade dende a nosa perspectiva.
Deste xeito solicitámoslle unha entrevista para ampliar o noso proxecto, se así o permiten.

Para concluír, proporcionámoslle a información de contacto que consideramos oportuna:
Teléfono-
Despedímonos agradecéndolle de antemán o seu tempo e invitámoslle a responder o máis axiña posible.
                                                                                               
Un cordial saúdo de:
Kenda D.L
Adolfo F.S
Guillermo G.L
Laura P.R

Actividade de positivo 2: Agricultura ecolóxica

Boas tardes:
Nesta entrada publicarei as respostas a unha serie de preguntas formuladas sobre un documental propostas no blog de aula.

a) Cal é a causa do cambio climático?
A principal causa deste cambio é a emisión dunha serie de gases contaminantes (resultantes das actividades humanas) que impiden que a calor se propague cara ó espazo e isto provoca un calentamento excesivo do noso planeta. Dende o punto de vista científico, o dióxido de carbono almacenado en combustibles fósiles e a queima compulsiva destes polo ser humano para obter diferentes produtos, fai que este composto altere o efecto invernadoiro e sexa prexudicial.

b) O CO2 emana á atmosfera a través da combustión de combustibles fósiles (biomasa,petróleo...)

c) Segundo as fontes do Ministerio de Medio Ambiente, en España que sector económico xera máis emisións de gases de efecto invernadoiro? Que actividades aparecen en 2º, 3º e 4º lugar?
O sector enerxético domina estas emisións de CO2  e outros gases, sendo un 29% . Seguido dos procesos industriais (24%), transporte (23%) e en cuarto lugar, a agricultura e a gandería (11%)

d) Completa:
Actividades agrarias que contaminan o medio ambiente e favorecen o cambio climático
Actividades agrarias respectuosas co medio ambiente

AGRICULTURA  QUÍMICA :
Emprega produtos químicos:
Ø Hermicidas
Ø  Praguicidas
Ø  Pesticidas
Ø  Abonos ou  produtos químicos.
Outras prácticas que emiten gases con efecto contaminante/invernadoiro  , aparte da labranza, é a queima de residuos (restos de poda ou colleitas).

AGRICULTURA   ECOLÓXICA: 
Busca aumentar a  diversidade dos seres vivos e 
mellorar as propiedades  do solo:
ü  Non emprega produtos químicos
ü  Rota os cultivos.
ü  Control natural de plagas
ü  Emprega sementes seleccionadas e variedade 
de especies/cultivos.
Redúcense as practicas que emiten gases 
con efecto invernadoiro e as técnicas agresivas 
co solo .

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Sesión 3

Este mércores rematamos a posta en común para escoller as empresas seleccionadas e optamos por dúas: Ingebaires e a Horta de Abeleira, ambas en Vigo. Como terceira posibilidade, no caso de non obter unha resposta afirmativa dende estas asociacións... eliximos O Nogal. Na primeira hora, en Xeografía, completamos a rúbrica para dar por rematado este apartado e dende o meu punto de vista puidemos traballar sen  ningún tipo de dificultade e conseguir, deste xeito, os obxectivos propostos. 
Pola falta de ordenadores, decidín cooperar con Kenda para avanzar máis e aínda que si completamos as entradas resultou complicada a repartición do tempo na aula de informática pois tanto ela coma min precisábamos redactar no noso blog persoal. A pesar de todo, valoro moi positivamente os nosos avances,

En Lingua Galega, tivemos que ir á Aula de Convivencias e acordar dispoñer dun só ordenador para os catro membros. Evidentemente aproveitamos menos a sesión e custou moito adiantar no proxecto coa falta de recursos informáticos. Sen embargo a comunicación mellorou xa que o grupo estivo moito máis pendente de todos e á hora de traballar, escoitámonos uns ós outros. Aprendín bastante nestas dúas clases e en especial, creo que fomentamos o espírito cooperativo adecuadamente.