martes, 8 de diciembre de 2015

Actividade de positivo: Itinerario dun produto (de onde ven...?)


                                      
                                                          O TÉ
Como ben sabemos o té é unha infusión que provén das follas e brotes da especie Camellia sinensis e ten multitude de tipos e variantes, ademais, posúe unhas cualidades e beneficios no eido da saúde como analizaremos posteriormente. Esta bebida pertence á cultura de algunhas zonas xeográficas e ten precedentes históricos.


                   

1. CAL É O SEU ITINERARIO?
A infusión de té ou rooibos provén principalmente dos países asiáticos do leste e do sur: China, Xapón, India, Nepal, Taiwán, Sri Lanka...de algunhas áreas africanas como Kenia, de Arxentina e de Australia. Unha táboa da Wikipedia que mostra a produción deste produto en toneladas:



País2011201220132014
Bandera de la República Popular China China1 274 9841 375 7801 467 4671 744 431
Bandera de India India987 000972 700991 1801 028 098
Flag of Kenya.svg Kenia345 800314 100399 000401 900
Bandera de Sri Lanka Sri Lanka318 700290 000282 300348 288
Bandera de Turquía Turquía198 046198 601235 000235 666
Bandera de Vietnam Vietnam173 500185 700198 466219 714
Bandera de Irán Irán165 717165 717165 717165 717
Bandera de Indonesia Indonesia150 851146 440150 000142 400
Bandera de Argentina Argentina80 14271 71588 57496 572
Bandera de Japón Japón96 50086 00085 00095 012  
  No Mapamundi vemos que as estreliñas laranxas son os centros de cultivo e as frechas sinalan o seu percorrido . Como ten moitas orixes o itinerario é múltiple e un tanto abstracto.

   


2. PROCESOS ECONÓMICOS: EXPLICACIÓN E LOCALIZACIÓN:                                                  1. Cultivo da planta:                                                                                        
Na actualidade existen moitas clases de té, non obstante podemos clasificalas nunhas 40 aproximadamente. Hoxe en día o cultivo deste arbusto está moi extendido e dependendo do tipo son necesarias unhas condicións agrícolas ou outras. En xeral esta planta precisa calor e por iso se localiza en zonas tropicais e subtropicais onde as temperaturas son elevadas e as chuvias abundantes. Non medra moito, a maior parte son arbustos de pequeno tamaño cunha raíz grosa que captan a humidade do chan e as súas flores son de cor branco-amarelo. Os campos de té son moi extensos e especializados (monocultivo) e precisa bastante man de obra, é dicir, é unha agricultura de plantación.
                    

                 2. Poda dos arbustos:
Nas propias áreas onde se planta, pódanse. Podemos dicir que da propia "árbore" obtemos dous produtos: as sementes (produción de aceite) e as follas que son o compoñente principal desta bebida.
                 3. Distribución:
Esta actividade económica depende do país produtor. Os principales destinos son Europa e Estados Unidos, que consomen máis do 60%. Porén existen redes de comercialización menores, por exemplo, Taiwán exporta o té a Pekín, Shangai...cidades industrializadas cunha poboación elevada e un grande reclamo.
      

                 4. Consumo:
Xa nas empresas occidentais, especialmente en Europa, o produto é etiquetado e predisposto ó consumo. Finalmente, chega aos centros especializados (xa sexan herboristerías ou supermercados) onde os clientes poden mercalo.
                                      

3. ANÁLISE DO IMPACTO DOS MEDIOS DE TRANSPORTE E DOUTRAS ACTIVIDADES:
Como ocorre con outros artigos agrarios como o café ou o azucre, os procesos polos que obtemos o té contaminan o medio e teñen fortes repercusións ambientais.
O uso de transportes na comercialización (barcos, avións, camions, furgonetas...) supón a queima de recursos enerxéticos que xeran dióxido de carbono. Ademais, producen contaminación acústica e acuática. Podo engadir que o crecente uso de pesticidas, tranxénicos e outros recursos químicos favorecen a aparición de substancias  nocivas no solo.

4. CONCLUSIÓNS:
Este produto agrícola de efectos beneficiosos para moitos procesos do noso metabolismo é cultivado en grandes parcelas situadas nos trópicos e por extensión, nas rexións subtropicais onde se practican as actividades de plantación, poda e desecación. Posteriormente chega ata EE.UU, Europa e outros países a través de medios de transporte que causan un impacto medioambiental notable, onde se empaqueta e comercializa baixo o nome de recoñecidas marcas como Hornimans, Lipton... e de aí alcanza as tendas e establecementos.

5. COMENTARIO DA BIBLIOGRAFÍA:
As fontes que empreguei son:
http://www.bago.com/BagoArg/Biblio/nutriweb299.html
http://www.vigoenfotos.com/china/guilin_plantacion_te_1.html
http://www.consumer.es/web/es/alimentacion/aprender_a_comer_bien/curiosidades/2001/06/20/34896.php
http://www.mayorista-te.es/te_al_dia/noticias_sobre_el_te/noticia_2
http://www.mayorista-te.es/te_al_dia/noticias_sobre_el_te/noticia_2
https://es.wikipedia.org/wiki/T%C3%A9
A partir destas páxinas web e do libro de texto elaborei a entrada, redactando os puntos propostos e analizando a información que atopei nos blogs e webs de empresas dedicadas ó té.







miércoles, 2 de diciembre de 2015

Sesión 7

Por fin comezamos a redactar o Word, porén, queda algún punto sen estar rematado que procuraremos completar antes do fin desta semana. Fronte as dificultades que supuxo a perda de parte da entrevista e que non tivemos o documento no que aparecían as preguntas na clase, aproveitamos ben a hora.
Eu centreime na portada, no índice e en recopilar a información dos meus compañeiros e compañeiras a medida que enviaban a súa parte. Descarguei tamén as fotos proporcionadas pola empresa e clasifiqueinas en carpetas.

martes, 24 de noviembre de 2015

Sesión 6

Xeografia:
Esta semana xa decidimos algunhas das pautas máis determinantes á hora de elaborar as reportaxes, tanto escrita como audiovisual. Despois de ver un exemplo na clase, puxémonos de acordo en presentar o vídeo en forma de informativos grabando unhas tomas e o documento escrito redactarémolo estes días.
Non puidemos recuperar o audio polo que empregaremos outro tipo de recursos engadindo o diálogo á presentación en forma de "subtítulos"

Galego:
De novo, tivemos un só ordenador para tod@s e por este motivo decidimos dedicar a sesión á organización e repartición dos distintos apartados. O resultado foi satisfactorio aínda que non deu tempo a iniciar o Word.

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Sesión 5

Bos días:
Onte asistimos á visita concertada cun representante de Ingebaires SL e resultou unha experiencia moi satisfactoria, tivemos a oportunidade de preguntar as nosas cuestións e mesmo de compartir algunha opinión sobre temas como a contaminación en Vigo e as posibles solucións. Ademais, fixemos un seguimento do encontro gravandoo. Hoxe sucedeu un contratempo xa que o móbil no que quedou rexistrado perdeu o arquivo así que estes días intentaremos arranxalo o máis axiña posible.

lunes, 16 de noviembre de 2015

Preguntas da entrevista



1. En que eido (local, rexional, nacional ou internacional) se desenvolve?
2. Actualmente, con cantos empregados conta Ingebaires SL?
3. De onde proceden os traballadores/as? Son europeos ou estranxeiros?
4. Informámonos de que se trata dunha sociedade limitada, ten un ou varios propietari@s?
5. É unha empresa pública ou privada? De que xeito inflúe este aspecto no seu rendemento?
6. A que subsector industrial pertece? Podería dar un par de exemplos?
7. Despois de visitar a vosa páxina web, descubrimos que contades cunha representación en Arxentina...como colaboran con esta?
8. Onde desenvolven os seus proxectos? Un exemplo e se pode ser, a data de realización deste.
9. Empregan vostedes fontes de enerxía renovables ou non? Se a resposta é afirmativa, cales e como se introducen no proceso industrial que levan a cabo?
10. De onde procede a materia prima que utilizan? Cooperan con algunha distribuidora?
11.En canto ós/ás especialistas que forman parte da sociedade, é necesario ter cualificación específica? 
12. Cotribúen á estabilidade destes? Hoxe en día, proporcionan contratos fixos ou temporais principalmente?
13. Teñen algunha medida preventiva de seguridade? Cal?
14. Está suxeita a un enlace sindical? Pode citar o nome?
15. Existe algún motivo polo que se sitúe no centro da cidade (Rúa Sergio Saborido)?
16. Recibiron durante estes anos algún tipo de subvención do goberno? Está suxeita a leis ambientais? Cales?
17. Practican deslocalización nalgún dos seus procesos económicos? Se é así, como afecta este factor no rendemento da empresa?
18. Que tipo de recurso natural empregan para levar a cabo as súas obras?
19. Contan con maquinaria especializada?
20. Diríxense a un mercado concreto (local, rexional, nacional ou internacional) e cal é o tipo de empresa que contrata os seus servizos?
21. Publicitan o negocio?
22. Pertencen a algún sector empresarial?
23. Inclúen as novas tecnoloxías nos procedementos industriais?
24. Contan con instalacións específicas?
25. Cales son as características máis subliñables propias dunha economía sustentable que practican?

Investigando a empresa

Ola:
Xa enviamos a solicitude de entrevista, decantámonos por Ingebaires SL e agardamos a súa resposta...imos a informarnos un pouco máis:

1) Nome e tipo de empresa(ámbito nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballadores, propiedade, procedencia do capital e outros criterios)

Ingebaires SL. É de ámbito nacional principalmente aínda que ten unha representación activa en Arxentina, únicamente conta con nove-dez empregados e polo tanto podemos clasificalo no grupo de empresas pequenas. É unha sociedade limitada pois ten varios propietari@s e en segundo o capital, considérase pública pois recibe aportacións financieiras dende o estado, como é o caso das subvencións e traballa para as Administracións públicas.

2) Sector económico e subsector ao que pertence.
Pertence ao sector secundario e especialízase na consultaría e servizos de enxeñaría civil, integrada en proxectos de medio ambiente e mobilidade.

3)Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España.
A partir da Revolución Industrial, século XVIII, o sector secundario cobrou moita importancia e hoxe xoga un papel moi importante na economía da nosa sociedade xa que o equilibrio entre sectores e a produción dependen moito da construción e da enxeñaría por exemplo . España é un país desenvolvido e industrializado aínda que na actualidade, produciuse unha terciarzación da economía e o sector servizos convertiuse en predominante.
En xeral, a enxeñaría civil foi relegada a un segundo posto se a comparamos con outros apartados como a metalúrxica ou a textil.


OS APARTADOS SEGUINTES FORON ASINADOS A OUTROS MEMBR@S DO GRUPO, ENGADIREINOS CANDO OS PUBLIQUEN.

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Sesión 4

Xeografía:
Este mércores Eva corrixiu a nosa solicitude e puidemos enviala á empresa, ademais seguimos adiante cos procesos de investigación completando as cuestións planteadas no blog de aula. Aínda que resultou bastante complicado atopar algúns datos (como a procedencia do capital) respondemos algunhas preguntas con axilidade. En canto a repartición, dividimos a tarefa para que cada membr@ escribira tres apartados, a min tocáronme os primeiros. 
Conseguín rematar as dúas preguntas e na seguinte hora, centrareime na derradeira. Non sxurdiu ningún problema e penso que aproveitamos ben a sesión.

Lingua galega:
Non estivemos na aula de informática xa que recibimos un correo a modo de resposta da empresa e puxémonos en contacto con eles (vía telefónica). Entrevista conseseguida!! O martes 17 quedaremos para formularlle as preguntas ó representante de Ingebaires SL.

martes, 10 de noviembre de 2015

Solicitude

                                         
Estimado persoal da empresa Ingebaires SL:

Somos un grupo de catro alumnos e alumnas que estudamos do centro educativo Salesianos María Auxiliadora  (Vigo).  Actualmente ,  cursamos terceiro da ESO e estamos realizando un proxecto para as materias de Lingua Galega e Xeografía.
En canto á investigación, o obxectivo proposto foi levar a cabo unha reportaxe ou similar sobre algunha empresa viguesa que traballase con recursos sustentables para procurar unha economía consciente e afondar, así, no sector secundario e nas súas características. Ao longo deste mes estivemos elaborando un blog persoal no que publicamos diferentes  entradas dedicadas a este tema.
Por outra parte, escollemos esta asociación xa que visitamos a vosa páxina web e informámonos de que empregan técnicas respectuosas co medio e xeran unha economía local ou rexional. Ademais, descubrimos que se centran na industria enxeñeira e supuxo motivo de curiosidade dende a nosa perspectiva.
Deste xeito solicitámoslle unha entrevista para ampliar o noso proxecto, se así o permiten.

Para concluír, proporcionámoslle a información de contacto que consideramos oportuna:
Teléfono-
Despedímonos agradecéndolle de antemán o seu tempo e invitámoslle a responder o máis axiña posible.
                                                                                               
Un cordial saúdo de:
Kenda D.L
Adolfo F.S
Guillermo G.L
Laura P.R

Actividade de positivo 2: Agricultura ecolóxica

Boas tardes:
Nesta entrada publicarei as respostas a unha serie de preguntas formuladas sobre un documental propostas no blog de aula.

a) Cal é a causa do cambio climático?
A principal causa deste cambio é a emisión dunha serie de gases contaminantes (resultantes das actividades humanas) que impiden que a calor se propague cara ó espazo e isto provoca un calentamento excesivo do noso planeta. Dende o punto de vista científico, o dióxido de carbono almacenado en combustibles fósiles e a queima compulsiva destes polo ser humano para obter diferentes produtos, fai que este composto altere o efecto invernadoiro e sexa prexudicial.

b) O CO2 emana á atmosfera a través da combustión de combustibles fósiles (biomasa,petróleo...)

c) Segundo as fontes do Ministerio de Medio Ambiente, en España que sector económico xera máis emisións de gases de efecto invernadoiro? Que actividades aparecen en 2º, 3º e 4º lugar?
O sector enerxético domina estas emisións de CO2  e outros gases, sendo un 29% . Seguido dos procesos industriais (24%), transporte (23%) e en cuarto lugar, a agricultura e a gandería (11%)

d) Completa:
Actividades agrarias que contaminan o medio ambiente e favorecen o cambio climático
Actividades agrarias respectuosas co medio ambiente

AGRICULTURA  QUÍMICA :
Emprega produtos químicos:
Ø Hermicidas
Ø  Praguicidas
Ø  Pesticidas
Ø  Abonos ou  produtos químicos.
Outras prácticas que emiten gases con efecto contaminante/invernadoiro  , aparte da labranza, é a queima de residuos (restos de poda ou colleitas).

AGRICULTURA   ECOLÓXICA: 
Busca aumentar a  diversidade dos seres vivos e 
mellorar as propiedades  do solo:
ü  Non emprega produtos químicos
ü  Rota os cultivos.
ü  Control natural de plagas
ü  Emprega sementes seleccionadas e variedade 
de especies/cultivos.
Redúcense as practicas que emiten gases 
con efecto invernadoiro e as técnicas agresivas 
co solo .

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Sesión 3

Este mércores rematamos a posta en común para escoller as empresas seleccionadas e optamos por dúas: Ingebaires e a Horta de Abeleira, ambas en Vigo. Como terceira posibilidade, no caso de non obter unha resposta afirmativa dende estas asociacións... eliximos O Nogal. Na primeira hora, en Xeografía, completamos a rúbrica para dar por rematado este apartado e dende o meu punto de vista puidemos traballar sen  ningún tipo de dificultade e conseguir, deste xeito, os obxectivos propostos. 
Pola falta de ordenadores, decidín cooperar con Kenda para avanzar máis e aínda que si completamos as entradas resultou complicada a repartición do tempo na aula de informática pois tanto ela coma min precisábamos redactar no noso blog persoal. A pesar de todo, valoro moi positivamente os nosos avances,

En Lingua Galega, tivemos que ir á Aula de Convivencias e acordar dispoñer dun só ordenador para os catro membros. Evidentemente aproveitamos menos a sesión e custou moito adiantar no proxecto coa falta de recursos informáticos. Sen embargo a comunicación mellorou xa que o grupo estivo moito máis pendente de todos e á hora de traballar, escoitámonos uns ós outros. Aprendín bastante nestas dúas clases e en especial, creo que fomentamos o espírito cooperativo adecuadamente.

miércoles, 28 de octubre de 2015

Sesión 2

Xeografía:
Nestes corenta e cinco minutos puxemos en común as propostas grupais para elixir, como Kenda e Adolfo non tiñan rematado o post da sesión anterior decidimos deixarlles tempo para poder finalizalo. Guille e máis eu traballamos nas preguntas planteadas no blog de aula para logo compartir cos nosos compañeiros/as.
Non deu tempo xa que foi complicado avanzar sen deixar atrás ós outros membr@s aínda que aproveitei para completar algúns datos. Aprendín sobre as características que ten toda empresa cun desenvolvemento sustentable e a elaborar as preguntas a partir de información condensada no libro, en xeral, a comunicación no grupo foi bastante boa e non tivemos ningunha dificultade para poñernos de acordo.

Galego:
Seguimos estruturando as posibles custións que nos gustaría preguntar á cooperativa e conseguimos rematar este apartado xunto co das ideas para elaborar a reportaxe. En canto a elixir catro ou cinco opcións non puidemos finalizalo, a táboa quedou incompleta para rematala o próximo día en dez minutos aproximadamente.
Coido que souben enfrontar os pequenos "contratempos" que tivemos pois os ordenadores non se conectaban a Internet.

Empresas seleccionadas

NOME DA EMPRESA
SECTOR ECONÓMICO
CARACTERÍSTICAS SUSTENTABLES
LOCALIZACIÓN E DATOS DE
CONTACTO
ENLACE PÁXINA WEB
 Ingebaires SL


 Sector secundario: industria e enxeñaría 
-Proxectos de rexeneración do medio ambiente e da mobilidade.
-Administracións locais e rexionais.
-Equipo multidisciplinar.
-Recursos respectuosos co medio

R/ Sergio Saborido Cid Nº1
Teléfono: 986 226 415
Mail: admin@ingebaires.es


  
http://www.ingebaires.
es/empresa_gal.html
 Algamar 


 Sector primario: Recolección e elaboración de produtos con algas.
 -Economía rexional e  local.
-Venda de produtos.
-Produción consciente.
-Recursos ecolóxicos.
 Baía de Vigo (a 18 quilómetros da costa)
  
http://www.algamar.
com
 ABC de Bio

 Sector terciario: Servizos
 -Produtos ecolóxicos
-Relación calidade-prezo.
-Artigos certificados.

R/ Pai Don Rúa 2, baixo
Teléfono: 986 11 73 03
Mail: info@abcdebio.es

http://www.abcdebio.es/


 A horta de Abeleira

 Sector terciario: Adicada ó comercio de produtos de alimentación.
 -Recursos propios, cultivados en terras galegas.
-Froitas, viño... de orixe autóctono e técnicas responsables co medio.
-Reciclaxe de desfeitos.
 R/ Abeleira Menéndez Nº13-15
Teléfono:              
986 11 74 79
Mail: info@ahortade
abeleira.es
 http://www.ahortade
abeleira.es/




Ideas para o proxecto

Bos días!
Despois de por en común as empresas e de seleccionar as que máis nos convenceron, imos propoñer algunhas ideas para elaborar a nosa investigación aínda que non son definitivas.

  • Que tipo de reportaxe sobre a empresa queremos facer?
Pensamos en levar a cabo unha combinación entre as entrevistas e unha introdución en modo narrativo ou explicativo. Gustaríanos engadir diálogo para ampliar os datos que recolleremos e poder coñecer directamente os principios da empresa. Valoramos dúas posibles opcións:
     -Elaborar un informativo no que introducir estes aspectos.
     -Facer unha reportaxe rueira na que incluamos as preguntas e o texto monologado.

  • Que pasos temos que seguir para elaborala?
1. Contactar coa cooperativa ou asociación e comprobar cales estarían dispostas a participar no noso proxecto e cales non.

2. Investigar a fondo sobre a empresa en diversas fontes (Internet, libros, xornais...) e se temos diferentes opción, elixir a cal nos dirixiremos.

3. Pensar nas preguntas que faremos.

4. Planificar canto tempo temos ata o día da entrevista e elaborar un guión.

5. Recoller os datos e obter resposta as nosas preguntas, saída á empresa.

6. Estruturar o contido e realizar a montaxe.


  • Que contidos/temas podemos abordar a través da reportaxe? (a que preguntas podemos dar resposta)
- A que sector económico pertence e que tipo de actividades realiza?
-Que recursos naturais emprega? Son renovables ou non?
-Cantos traballadores ten contratados de forma fixa? 
-Que tipo de estudos debe posuír unha persoa para formar parte da empresa?
-En canto a materia prima, tipo e onde a extraen.
-Empregan maquinaria especializada? Exemplos.
-Expórtanse os produtos a outros países? Se a resposta é positiva, a cales?
-Canto se produce nunha semana? 
-Proceso de elaboración e se cooperan cunha distribuidora concreta.
-Para quen se producen estes artigos? Teñen un público consumidor específico ou non?
-É unha multinacional? En caso de que si, onde está a base e onde as sucursais.
-Hai deslocalización xeográfica?
-Os empregados son de orixe europeo ou estranxeiro?
-Teñen algún acordo  para evitar a contaminación?
-Que medidas de seguridade empregan?
-É unha cooperativa ou unha sociedade privada/anónima?
-Levan a cabo o proceso de descarte?
-Cumpren as "Tres R"?

                                 
  • Outros aspectos a ter en conta:
Teríamos que ter en conta os procesos que realizan para obter o artigo, se teñen recursos tecnolóxicos avanzados e os impostos/lexislacións ós que está suxeita a asociación. Tamén, o tipo de industria e a concentración que a rodea.
Poderiamos incluír algunhas cuestións sobre se utilizan publicidade e de que tipo, o marketing (por exemplo presentación da empresa en outros países...) e os índices de consumo local.

sábado, 24 de octubre de 2015

Sesión 1

Hoxe foi a primeira sesión adicada ó proxecto desta avaliación que consistirá en afondar nalgunha empresa de Vigo que teña un desenvolvemento sustentable. Nesta hora conseguín atopar unha web na que se presentaban diferentes cooperativas e administracións aínda que só deu tempo a investigar sobre dúas: Ingebaires e Casa Arquimia. 
Contrastei diversas fontes e atopei información útil para completar a táboa proposta no blog de aula, en casa revisarei outra ou dous máis para ampliar as posibilidades de cara á elección.
Aprendín sobre este tipo de asociacións que apostan por unha forma ecolóxica e responsable, persoalmente considero que aproveitei ben o tempo.

Empresas en Vigo





NOME DA EMPRESA

SECTOR ECONÓMICO

CARACTERÍSTICAS SUSTENTABLES
LOCALIZACIÓN E DATOS DE CONTACTO

ENLACE PÁXINA WEB

Ingebaires SL, enxeñaría civil


Sector secundario: industria e enxeñaría
-Proxectos de rexeneración do medio ambiente e da mobilidade.
-Administracións locais e rexionais.
-Equipo multidisciplinar.
-Recursos respectuosos co medio
R/ Sergio Saborido Cid Nº1
Teléfono:  986 226 415
Mail: admin@ingebaires.es
http://www.ingebaires.es/
empresa_gal.html
Tenda MunDos;
Comercio xusto     


Sector servizos: Venda de produtos ó público
-Economía sustentable
-Produtos elaborados en condicións razoables
-Prezos altos, non hai externalización  de custos
-Comercio rexional
Diferentes puntos de pedidos (Rúas: Zaragoza, Ronda Don Bosco, Llorente...)

 tiendamundos.com                                
Algamar

 Sector  primario: Recolección e elaboración de algas
-Economía rexional e local
-Venda de produtos galegos
-Produción consciente
-Recursos ecolóxicos
Baía de Vigo (a 18 quilómetros da costa)
http://www.algamar.com
“O Nogal”
Produción e distribución de froitos secos.
Primario e secundario
-Produtos nacionais e importación consciente.
-Economía sustentable.
-Compromiso co medio.
Polígono Industrial de Redonde, Parcela  8 36118
Campo Lameiro (Pontevedra)
http://www.elnogal.com/
index.php/
es/empresa

Storyboard



sábado, 17 de octubre de 2015

Word

Ola:
Xa conseguín subir o Word da actividade de positivo, aínda que non conservou parte da portada. Agardo poder arranxalo.
Un saúdo

jueves, 15 de octubre de 2015

Actividade de positivo 1

Benvid@s ó blog:
Como primeira entrada, publicaremos un spot de dous minutos e medio sobre a marca Apple, que todos e todas coñecedes probablemente. Centrámonos no Iphone en xeral e fixemos unha pequena comparación co anuncio real. 
Mañá faremos visible o Word no que baseamos a investigación. Ademais, incluímos no vídeo dous elementos: fotos e gravacións de colleita propia...por iso esquematizamos un StoryBoard que tamén vamos presentar xunto co documento citado anteriormente.