viernes, 10 de marzo de 2017

Tarefa UD 3: "Guerra de Independencia" (Vídeo)

Diario de aprendizaxe: Tarefa UD 3 "A guerra de Independencia"

Esta semana realizamos un proxecto para a materia de ciencias sociais que consistía en elaborar un vídeo con imaxes e documentos integrados xunto coas nosas voces en off. Nas dúas primeiras sesións non participei debido a que non estiven presente na clase, porén, procurei informarme sobre o tema e planificar as seguintes clases.
O luns grabamos o podcast, a min tocoume a parte do "Motín de Aranxuez" de modo que, resultase equitativa a colaboración de todos os membros do grupo. Probei varias veces e finalmente, conseguín obter o resultado desexado. Posteriormente, este xoves, busquei documentos históricos xunto coas fontes das que proviñan. Resultou unha tarefa complexa xa que para logralo, debía dividir o texto lido e adxuntar a imaxe adecuada ó mesmo...quizais o máis difícil foi asociar estes cadros ou fragmentos da Constitución ós autores das mesmas.
Finalmente, hoxe (venres 10 de marzo) impliqueime na montaxe do vídeo, por desgraza, ao empregar Movie Maker atopámonos coa dificultade de perder unha primeira parte ó gardalo incorrectamente. Non obstante, a hora foi canto menos produtiva...configurei o clip con Oleg e engadimos a cronoloxía e o vocabulario no que Álvaro e Paula traballaran. Ademais, tiven que axudalos para completar un par de definicións.
En conclusión, gustoume a tarefa integrada pois o tema era doado de manexar e resultou interesante preparar a narración dos acontecementos. Cambiaría o feito de incorporarme tarde xa que estruturar o diálogo desde un principio é imprescindible neste tipo de traballos.

viernes, 9 de diciembre de 2016

Actividade de positivo de UD II: Rosco de vocabulario

Ola:
Velaquí o rosco de vocabulario estudado sobre Europa nos séculos XVII e XVIII. Para poder acceder ó documento, é preciso realizar as seguintes indicacións:
-Click na ligazón (páxina web principal de creación de roscos):
http://formadorestic.com/pasapalabra/pasapalabra.swf?desde=10625&hasta=10635&entorno=1&IDpartida=10635&estado=0
-Número de ID 54046
-Curso 4ºESO
-Materia: Ciencias sociais, xeografía e historia
-Creador: Laura P.
Cómpre acceder mediante o apartado 4 indicado na web "Crear una partida seleccionando los jugadores y los roscos"