jueves, 27 de octubre de 2016

Tarefa integrada UD 1 (BORRADOR)

DECRETOS DE NOVA PLANTA



Resultado de imagen de decretos de nueva planta



1) Definición completa e exemplos:
Os Decretos de Nova Planta consisten nunha medida política aplicada á Coroa de Aragón que eliminaba os seus privilexios e como consecuencia, axudaba a centralizar a administración do país. Este suceso tivo como motivación a falta de apoio na Guerra de Sucesión a Filipe V por parte de Cataluña, Aragón, Valencia e Baleares; este feito propiciou a abolición das leis propias como reino e o sometemento ás Cortes de Castela. A publicación do mesmo tivo lugar de 1707-1716, concretamente estas foron as datas por rexión:
-O 29 de Xuño de 1707 tiveron lugar os Decretos de Aragón e Valencia, tendo lugar a suspensión de todo o sistema lexislativo e institucional de ambos reinados.
-O 3 de Abril de 1711 dictouse o segundo que asignaba a Aragón unha nova planta da Audiencia de Zaragoza e polo tanto, establécese a administración en lingua castelá.
-En Mallorca tivo lugar o 28 de novembro de 1715, caracterizouse por un ton conciliador e complacente.
-Por último, o cuarto Decreto tivo como escenario Cataluña e aprobouse o 16 de enero de 1716, aboliu as Cortes e o Consello do Cento, sustitui o vicerei por un capitán xeral e propiciou o castelán en lugar do latín.

Non obstante, este último territorio seguiu mantendo a exención de quintas. Por outra banda, disolvéronse os órganos de gobernos, algunhas poboacións contaban coa representación nas Cortes de Castela a excepción de Navarra que por favor do rei, mantivo a súa autonomía neste ámbito ata 1814.

Webgrafía:

2) Texto e comentario do mesmo:
“Considerando haber perdido los reinos de Aragón y Valencia y todos sus habitantes por la rebelión que cometieron, faltando enteramente así al juramento de fidelidad que me hicieron como a su legítimo Rey y Señor, todos los fueros, privilegios, exenciones y libertades que gozaban y que con tan liberal mano se les habían concedido, sí por mi como por los señores reyes mis predecesores, en esta monarquía se añade ahora la del derecho de conquista (…) y considerando también que uno de los principales tributos de la soberanía es la imposición y derogación de las leyes (…) He juzgado por conveniente, sí por esto como por mi deseo de reducir todos mis reinos a la uniformidad de unas mismas leyes, usos, costumbres y tribunales, gobernándose igualmente por las leyes de Castilla, tan loables y plausibles en todo el universo, abolir y derogar enteramente (…) todos los referidos fueros y privilegios, prácticas y costumbres hasta aquí observadas en los referidos reinos de Aragón y Valencia, siendo mi voluntad que éstos se reduzcan a las leyes de Castilla (…) 
Buen Retiro, a 29 de junio de 1707” 
Ideas principais:
-Reinos de Aragón e Valencia perden os seus fueros, exencións e liberdades dos que gozaban.
-Estes privilexios foran concedidos polos predecesores de Filipe V.
-O rei ten o poder de aprobar e derrogar leis.
-Pola rebelión da Coroa de Aragón, o monarca ten o dereito de conquista.
-Estes reinos pasan a estar baixo a influencia da Coroa de Castela.

Natureza do texto: Xurídica-política
Tipo de fonte: Primaria, está redactada por Filipe V
Cronoloxía e localización espacial: Decreto de Aragón de Valencia (29 de Xuño de 1707) e está situado nos Jardines del Buen Retiro (Madrid, España)
Contexto histórico: Na Guerra de Sucesión Española (1701-1714) interviñeron dous bandos, por un lado o arquiduque Carlos de Habsburgo (descendente dos Austrias) e Filipe de Anjou, Francia e España apoiaron a este último que finalmente ascendeu ó trono. Porén, aínda que a Coroa de Aragón mantivo como candidato ó descendente dos Borbóns, en 1705 decidiu respaldar a Carlos de Austria. 
Unha vez coroado, Filipe V considerou este feito como unha traición e redactou os Decretos de Nova Planta co fin de abolir os privilexios e exencións que os monarcas anteriores lles otorgaran ós dominios aragoneses. Así pois, o texto recolle un fragmento dun dos documentos impostos por este rei,
Autoría: O texto foi promulgado por Filipe V, neto do rei Luís XIV de Francia, na súa calidade de rei de España. 
Destinatario: Reinos de Aragón e Valencia.
Tema (relación coa definición): Disolución das Cortes en Aragón e Valencia con motivo da unificación administrativa e a uniformidade de leis e costumbres baixo a autoridade de Castela promulgada por Filipe V, rei de España.



No hay comentarios:

Publicar un comentario