lunes, 31 de octubre de 2016

Actividade de positivo: O motín de Esquilache

1) Narración dos feitos:

                                        O FRACASO ILUSTRADO
Un dos ministros do rei Carlos III gaña a aversión do pobo polo seu intento de europeizar costumes de vestimenta e erradicar as "cencerradas" os viúvos.
A expulsión do marqués siciliano, ministro de Facenda e Guerra reafirma a desventura das reformas iustradas en España.
Esquilache tratara de impor algunhas tradicións e iniciativas modernizadoras. Entre estas, atópanse un intento de eliminar o costume de ridiculizar públicamente a viúvos en proceso de tomar unhas segundas nupcias, este feito frecuente constituía  un descenso da natalidade repercutindo así no crecemento demográfico, cada vez máis retronegativo, da poboación. O pobo español acatou esta medida de bo pasar, non obstante, en determinados puntos xeográficos da Península queda constancia da continuidade destas prácticas.
Un mes atrás propúxose modificar os cánones de vestimenta para seguir así o modelo francés, de calzón corto e perruca empolvada. Esta idea opoñíase ós tradicionais sombreiros de ás anchas e ás capas longas. Esquilache respaldou os seus principios en evitar a delincuencia nas rúas de Madrid argumentando que algúns cidadáns agochaban armas prohibidas baixo o seu atuendo,non obstante,este dato concedido ós medios de comunicación non convenceu á cidadanía e dous días despois do anuncio oficial, saíu a pé de rúa para manifestarse.
Despois de varias semanas de disturbios e altercados, algúns afíns a Esquilache comezaron a cortar as prendas e complementos dos viandantes. O pobo español decidiu exiliar a este ministro. A súa maxestade Carlos III, fixo a súa aparición no propio balcón da Real Residencia para comprometerse cos seus súbditos e lograr así a suspensión das reformas ilustradas.

2) Referencias aos protagonistas e ao context o histórico:
Carlos III: Monarca español coñecido cos pseudónimos de "o Político" ou "o Mellor Alcalde de Madrid" gobernou desde 1759-1788. É un exemplo de depotismo ilustrado, rodeouse de ministros; Esquilache, Aranda, Campomanes, Floridablanca, Wall e Grimaldi.
Marqués de Esquilache: Diplomático e político siciliano a cargo do rei Carlos III en Nápoles e España. En 1759 converteuse en ministro de Facenda e en 1763, de Guerra. Gañou a hostilidade do pobo polas súas medidas modernizadoras e pola súa orixe de nacemento, xa que a sociedade española non acollía ós estranxeiros.
O motín de Esquilache tivo lugar do 23 ó 26 de marzo de 1766. Foi a consecuencia da subida dos prezos de produtos básicos como o pan e o intento de impoñer regras de atavío. O Domingo de Ramos (4 de marzo) dous cidadáns vestidos indebidamente cruzaron a Praza de Antón Martín, varios soldados pedíronlles explicacións cando un dos rebeldes alentou a un numeroso grupo de 2,000 persoas aproximadamente a manifestarse na Praza Maior, houbo insultos e violencia que causou diversos desperfectos na capital. Atribuíronse estas revoltas ós xesuítas.

3) Ilustracións:


Resultado de imagen para motín de esquilache       Resultado de imagen para motín de esquilache

4) Referencias a outras medidas reformistas e a outros ministros de Carlos III:
No texto menciónase a medida das cencerradas nupciais, bromas de mal gusto contra viúvos que desexaban casar de novo e que en moitos casos, era a ridiculización do home e incluso a cancelación do compromiso.
Ministros de Carlos III:
Aranda
Campomanes
Wall
Floridablanca
Grimaldi

5) Webgrafía
Empreguei a  seguinte páxina web:files.biblioalhendin.webnode.es/.../Eslava%20Galan,%20Juan%20- %20Historia%20de para consultar o capítulo 68 páxina 132 de "La Historia de España" por Eslava Galán e estraín do pdf case toda a información das preguntas 1,2 e 4. Ademais, consultei datos nos seguintes enlaces: https://es.wikipedia.org/wiki/Carlos_III_de_España e https://es.wikipedia.org/wiki/Marqués_de_Esquilache para completar a información sobre ambos personaxes. Para contrastar estes datos e engadir matices á pregunta 2 accedín a dúas webs :


No hay comentarios:

Publicar un comentario