jueves, 24 de noviembre de 2016

Diario de sesións 3

Hoxe elaborei a narrativa sintética completamente aínda que rematarei na casa aspectos como a correción, a aplicación de cores...si estou satisfeita coa tarefa que desenvolvimos na clase pois aproveitamos o tempo. Rosa e máis eu tamén comezamos o eixe cronolóxico, porén, aínda queda matizar algúns apartados.
Se tivese que destacar unha actitude negativa, sería a falta de implicación dalgúns membros do grupo, coido que melloren e aporten ideas para poder rematar o Timeline de forma satisfactoria.
Como conclusión final, considero que aprendí sobre o significado e as diferenzas dos termos "duración", "simultaneidade"... así como da organización e sintetización de acontecementos históricos dunha determinada época. Resultou ser unha boa práctica para aprender novos conceptos e traballar en profundidade un determinado feito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario