sábado, 9 de abril de 2016

Materias primas estratéxicos e conflitos bélicos: O petróleo

O petróleo é un recurso enerxético moi demandado e por iso, en países como Níxer, xurdiron conflitos bélicos entre os pobos autóctonos e as empresas de refinaría co fin de explotar o "crúo". Na última década o país sufriu danos medioambientais por mor da contaminación de vertidos e a tensión entre os múltiples bandos provocou a formación de milicias e grupos armados.
Este é o vídeo que elaborei en Powtoon e recolle os datos máis importantes, aínda que consultei diversas fontes en cada apartado só escollín a información relevante e sinalei a web onde a atopara. Actualmente, este conflito continúa e ademais, existen outras guerras de carácter relixioso-cultural e político no Delta do Níxer...tamén foron vítimas hai uns meses dun atentado terrorista. A ONU tomou parte co acordo da Comisión Mixta Camerún-Nixeria (por extensión non aparece na reportaxe).


miércoles, 27 de enero de 2016

Preparando a exposición do proxecto

O venres pasado concluímos co proxecto "Vigo sustentable" e publicamos os dous documentos: o escrito e o audiovisual. Por iso, para analizar a miña participación no desenvolvemento deste e reflexionar sobre que aprendín, vou facer unha reflexión na que explicarei todas as fases do traballo e a implicación persoal en cada unha.
En primeiro lugar, en outubro-novembro comezamos a investigación e eliximos unha das empresas sustentables que localizamos. En xeral, todo o grupo colaborou equitativamente pois repartimos as tarefas de xeito que tod@s colaborásemos de modo similar. Dende  o meu punto de vista foi unha maneira satisfactoria de ampliar os contidos do caderno e do libro, participei na busca do perfil empresarial que precisabamos para levar a cabo a nosa entrevista e atopei dúas opcións: Ingebaires e Algamar. Unha vez que buscamos máis datos sobre estas sociedades limitadas e asimilamos os termos e características do sector secundario (resultou ser o apartado máis "teórico" do exercicio), axudei a redactar a solicitude e a poñernos en contacto co propietario. 
Afortunadamente, non tivemos ningún tipo de complicación para conseguir a cita co representante de Ingebaires...que dende o primeiro momento amosou amabilidade e interese en concedernos un pequeno formulario. Sen dúbida, escribir as cuestións xa que fixara o encontro a vindeira semana (26 de novembro) e case non había tempo. O meu papel foi pensar preguntas, recolectar as ideas dos meus compañeiros e agrupalas para conformar a entrevista.
Por fin chegou o día no que coñecimos a Sergio, para acordar a estrutura da "toma de contacto", é dicir, a parte práctica do proxecto, quedamos en comer xuntos polo centro da cidade. Pactamos quen formularía cada cuestión e atopamos ao noso entrevistado nunha cafetería pois a oficina estaba en obras. Tamén, a nosa mestra de Xeografía decidiu vir para comprobar o desenvolvemento da recopilación de datos que fixemos. Foi unha experiencia enriquecedora da que aprendín algunhas técnicas básicas de comunicación oral e ademais, a expoñer os contidos...penso que volvería repetilo porque considero que é unha forma efectiva de aplicar todos os coñecementos.
As sesións coas que contamos despois da visita foron escasas. Colaborei en redactar o Word sobre todo e engadín as fotos que descargara Kenda, finalmente publiquei a reportaxe escrita e axudei aos meus compañeiros a publicala. Penso que o meu grao de implicación no documento foi elevado e aprendín a tomar as ideas máis importantes e saber manexar toda a información.
Para concluír co proxecto planeamos o vídeo e quedamos en Abertal para gravar as tomas. Xurdiu unha importante dificultade, non tiñamos ningún filme que retrataba o encontro con Sergio xa que sucedera nunha cafetería e por este motivo, empregamos recursos propios (presentamos un telexornal). Cooperei dentro das nosas limitacións na gravación e a coordinación dentro do grupo axudou moito. Adolfo, que domina a montaxe de vídeos, ofreceuse voluntario a editar e unir a presentación audiovisual.
A miña valoración é positiva, en especial, gustaríame destacar o bo ambiente de traballo que creamos no equipo. Serviu para extraer coñecementos e favorecer a aprendizaxe.