Hoxe elaborei a narrativa sintética completamente aínda que rematarei na casa aspectos como a correción, a aplicación de cores...si estou satisfeita coa tarefa que desenvolvimos na clase pois aproveitamos o tempo. Rosa e máis eu tamén comezamos o eixe cronolóxico, porén, aínda queda matizar algúns apartados.
Se tivese que destacar unha actitude negativa, sería a falta de implicación dalgúns membros do grupo, coido que melloren e aporten ideas para poder rematar o Timeline de forma satisfactoria.
Como conclusión final, considero que aprendí sobre o significado e as diferenzas dos termos "duración", "simultaneidade"... así como da organización e sintetización de acontecementos históricos dunha determinada época. Resultou ser unha boa práctica para aprender novos conceptos e traballar en profundidade un determinado feito.
Mostrando entradas con la etiqueta Diario de sesións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Diario de sesións. Mostrar todas las entradas
jueves, 24 de noviembre de 2016
jueves, 17 de noviembre de 2016
Sesión 2
Na segunda sesión de traballo sobre a tarefa integrada, tivemos acceso ó uso de chromebooks, dous por equipo. Como falamos o primeiro día, concretamos a planificación no reparto de funcións.
Eu, xunto con Rosa, encargámonos de elaborar a táboa do plan de traballo e estivemos buscando información relevante sobre a Revolución Liberal de 1820. Tamén afondamos un pouco máis na aplicación de "Timeline" para facilitar así o noso desenvolvemento con esta ferramenta á hora de matizar o eixe cronolóxico.Os últimos dez minutos, axudei a Alejandra a resumir o contido do libro e publiquei no meu blog persoal o que realizamos.
jueves, 10 de noviembre de 2016
DIARIO DE SESIÓNS 1
Hoxe non estiven na clase debido a unha revisión médica, porén, si acordei cos meus compañeiros a distribución de cargos e as función asociadas ós mesmos. Tamén, plantexamos algunha norma de funcionamento e decidimos publicala durante o fin de semana para así deixar organizado o Plan de Traballo.
Non deu tempo a matizar a repartición de tarefas para elaborar a entrada, tocounos A Revolución Liberal Española de 1820, acordaremos isto durante os próximos días e pensamos publicar no blog as pautas a seguir na próxima sesión.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)